Skip to main content

Especialistas en dereito penal analizan os instrumentos de loita contra a violencia de xénero

Especialistas das Universidades de Santiago, Vigo Minho (Portugal) e Bucarest (Romanía) reúnense este martes 15 no Instituto de Criminoloxía para analizar nun seminario os instrumentos penais de loita contra a violencia de xénero dende unha perspectiva europea comparada. Organizada polo Instituto de Criminoloxía e a USC no marco do proxecto de investigación ‘A violencia de xénero: problemas de cualificación xurídico-penal’, a xornada consiste nunha mesa redonda moderada polo profesor Gumersindo Guinarte, co director do evento xunto con Fernando Vázquez-Portomeñe Seijas, na que a partir das 18.00 horas se ofrecerá unha visión europea comparada da cuestión. Intervirán no debate o decano da Facultade de Dereito de Minho, Mário Fererira; a profesora da Universidade de Bucarest, Cristina Rotaru; e a docente e secretaria xeral da Universidade viguesa, Inmaculada Valeije.

The contents of this page were updated on 05.14.2012.