Skip to main content

Comezan once cursos de verán da USC

Comezan once cursos de verán da USC
Comezan once cursos de verán da USC
Cinco deles en Santiago e dous en Lugo, mentres que Ribeira, Ribadeo, Guitiriz e Sarria acollerán tamén cadansúa actividade

O luns 16 darán comezo once cursos integrados na oferta formativa da USC para este verán. Cinco deles serán en Santiago e dous en Lugo, mentres que Ribeira, Ribadeo, Guitiriz e Sarria acollerán tamén cadansúa actividade. Santiago A inauguración do curso ' Análises de célula única: novas aproximacións ás 'ómicas' en biomedicina', dirixido por Anxo Vidal Figueroa, terá lugar ás 9.00 horas na Aula 3 do Aulario Novoa Santos (a carón do CHUS). Ademais do seu director participará no acto o director do Centro de Investigación Médica Molecular e Enfermidades Crónicas ( CIMUS ), Carlos Diéguez. Xa ás 9.30 horas as profesoras Pilar Bermejo Barrera e Carmen García Jares inaugurarán no Salón de Actos do CSIC o curso de verán ' Química: a ciencia que envolve a nosa vida' que dirixen. Á mesma hora pero na Aula Magna da Facultade de Química procederase á apertura do curso ‘ O medioambiente en Galicia. Unha visión multidisciplinar’, dirixido por José Manuel Vila Abad e Susana López Estévez. Tamén en Santiago ás 10.00 horas terá lugar a inauguración do curso de verán ' Elaboración de traballos académicos e presentacións con LaTeX', dirixido por Rosana Rodríguez López. Será na Aula Magna da Facultade de Matemáticas. Por último, ás 10.30 horas na Facultade de Física inaugurarase a actividade formativa 'Fronteiras da fototónica e tecnoloxías láser', dirixido por María Teresa Flores Arias Lugo A Facultade de Veterinaria do Campus de Lugo será a sede do curso ‘Retos e oportunidades para as novas xeracións de profesionais veterinarios’, que dirixen os profesores Pablo Díez Baños e Pablo Díaz Fernández e cuxo programa se estende ata o venres 20. O acto de inauguración será ás 10.00 horas e nel tomarán parte o secretario xeral de Universidades da Xunta de Galicia, José Alberto Díez de Castro; o vicerreitor de Coordinación e Planificación do Campus de Lugo, Pedro García Herradón; e o decano da Facultade de Veterinaria, Germán Santamarina. Tamén ás 10.00 horas inaugúrase no pazo de San Marcos, sede da Deputación Provincial de Lugo, o curso ‘Ferramentas para a formulación e avaliación de proxectos’, dirixido polos membros do Instituto de Desenvolvemento de Galicia (Idega) da USC Manuel Marey Pérez e Xesús Pereira López. Esta actividade desenvolverase entre os días 16 e 17, e no seu acto inaugural contará coa presenza do delegado de Cultura e Turismo da Deputación lucense, Mario Outeiro Iglesias. Ribadeo Ás 9.00 horas celebrarase o acto inaugural do curso ‘ Produción agroecolóxica’, que se desenvolve no CFEA ‘Pedro Murias’, en Vilaframil (Ribadeo) ata o mércores 18. Esta actividade formativa está dirixida polo profesor da USC Xan Neira Seijo e Anna Cervera Iglesias, da Sociedade Galega de Agroecoloxía (SOGA). Guitiriz Ás 9.30 horas terá lugar no balneario de Guitiriz a inauguración do curso ‘ Alimentación e actividade física: a súa importancia no proceso de atención a persoas afectadas por cancro’, dirixido Lourdes Martínez Odériz, da Facultade de Ciencias do Campus de Lugo, e Salvador Ramos Rey, director médico do balneario no que se desenvolve o curso, que continúa ata o mércores 18. No acto inaugural interveñen tamén o alcalde do Concello de Guitiriz, Xosé María Teixido; a concelleira de Sanidade, Deporte e Xuventude do Concello de Guitiriz, Ana Broz; e o director do Complexo Guitiriz, Gorka Rosell. Sarria Ás 9.30 horas tamén comeza na Casa do Concello de Sarria o curso ‘O desenvolvemento económico da zona centro-sur da provincia de Lugo: sectores forestal, agropecuario e de servizos’, dirixido por Federico García Fernández e Manuel Gómez Díez, profesores da Facultade de Administración e Dirección de Empresas do Campus de Lugo. Unha representación do Concello encabezada polo seu alcalde, José Antonio García López, presidirá o acto inaugural deste curso, que continúa ata o xoves 19. Ribeira O Auditorio Municipal de Ribeira acolle o luns 16 o curso de verán ' Educación e cultura marítima en Galicia' que, baixo a dirección de Miguel Santos Rego, se inaugurará ás9:45 horas coa presenza do alcalde da vila, Manuel Santos Ruíz Rivas, e do vicerreitor de Relacións Exteriores e Internacionalización, Víctor Millet.

The contents of this page were updated on 07.13.2012.