Skip to main content

Os centros galegos de ensino medio concretan coa USC as accións a desenvolver este curso dirixidas ao alumnado

Os centros galegos de ensino medio concretan coa USC as accións a desenvolver este curso dirixidas ao alumnado
Os centros galegos de ensino medio concretan coa USC as accións a desenvolver este curso dirixidas ao alumnado

O persoal directivo e orientador de numerosos centros de Ensino Medio de toda Galicia reuniuse este mércores con responsables da USC para planificar as actividades que ao longo deste curso se porán en marcha co obxecto de facilitar o acceso do alumnado á ensinanza superior. As accións, coordinadas polo programa A Ponte entre o Ensino Medio e a USC, contemplan xuntanzas de responsables e docentes da USC nos centros de ensino medio e coas asociacións de pais e nais, visitas do alumnado ao Campus de Santiago, unha feira de titulacións en Lugo, charlas temáticas ou concursos, entre outras. O vicerreitor de Relacións Exteriores e Internacionalización, Víctor Millet, foi o encargado de inaugurar a sesión de traballo, na que o coordinador do programa A Ponte, Luis Hervella, comentou con detalle as accións a desenvolver este curso, á vez que incidiu na necesidade de incrementar as relacións co profesorado de secundaria. Na xuntanza explicáronse tamén algunhas das novidades da Universidade compostelá para o curso 2013-2014 como os novos títulos propios ou accións dedicadas á integración na USC do alumnado con discapacidade. O Museo de Historia Natural, o posgrao e a formación continua e as probas de acceso á Universidade foron outros puntos da orde do día. Para tratar todos estes temas contouse coa colaboración de persoal da Oficina de Integración e Participación Universitaria e da Vicerreitoría de Estudantes e Formación Continua, ademais da directora do Museo de Historia Natural, Mabel Fraga, e do representante da USC na CIUG, Jaime Romero.

The contents of this page were updated on 11.21.2012.