O director de Publicacións da USC, na xunta directiva da Unión de Editoriais Universitarias

O director de Publicacións da USC, Juan L. Blanco Valdés, formará parte da xunta directiva da Unión de Editoriais Universitarias que pasa a rexer Lluís Pastor, director de Publicacións da Universitat Oberta de Catalunya. A decisión tomouse este venres en Salamanca no seo da XXII Asemblea Extraordinaria da asociación. Blanco Valdés ocuparase da área de difusión do libro universitario e electrónico, nunha xunta directiva formada ademais por Ana Isabel González (U. de Oviedo), como vicepresidenta; Aránzazu García Pizarro (U. de La Laguna), secretaria xeral; Herminia Calero Egido (UNED), tesoreira; María José Rodríguez (U. Salamanca), área de propiedade intelectual; Isabel Cabrera García. (U. de Granada), área de formación; Belén Recio Godoy (U. Pontificia de Comillas), área de comercialización e internacionalización; e Pedro Rújula (U. de Zaragoza), área de novas tecnoloxías.