Skip to main content

Somos a curta! celebra este mércores a súa entrega de premios

O II Premio de Curtas de Comedia presentará este mércores 28 as cinco curtas finalistas nunha gala presentada polo actor e monologuista Carlos Blanco. Será ás 20:00 no Auditorio de Ciencias da Comunicación. Humor, lingua e curtametraxe son os tres eixes principais de Somos a curta! II Premio de curtas de comedia 2012, organizado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Comunicación coa colaboración da Liga Estudantil Galega. En tempos de crise, o riso e a creatividade son bos mecanismos de defensa contra a adversidade. Somos a curta! intentou conciliar na súa convocatoria estes dous elementos xunto coa idea de que ao contrario do refrán “a letra con sangue entra”, “a lingua con humor entra”. No proceso de selección participaron dezaseis curtas, das que se escolleron as cinco finalistas: 100 Euros, Chapeau, Enfoques, Familia e Por Couso, todas elas da autoría deestudantes das universidades galegas, das escolas de imaxe e son e dos institutos con bacharelato artístico de Galicia.

O primeiro traballo galardoado recibirá 400 euros e o segundo 200, e tamén haberá unha mención especial para o escollido polo público. Para votar a curta favorita e participar no premio do público é necesario presentar o documento de identidade.

The contents of this page were updated on 11.27.2012.