Skip to main content

Sae á luz un novo número da revista Obradoiro de Historia Moderna, a de maior impacto científico en España no seu ámbito

Sae á luz un novo número da revista Obradoiro de Historia Moderna, a de maior impacto científico en España no seu ámbito
Sae á luz un novo número da revista Obradoiro de Historia Moderna, a de maior impacto científico en España no seu ámbito

O salón de actos da Facultade de Filosofía acolleu este xoves 15 a presentación do número 21 da revista Obradoiro de Historia Moderna nun acto no que interviñeron a directora da publicación, María del Carmen Saavedra, o secretario da mesma, Isidro Dubert, e o director do Servizo de Publicacións da USC, Juan Blanco. Obradoiro de Historia Moderna é a revista de maior impacto científico en España no ámbito da Historia Moderna segundo o índice RESH e a segunda nas áreas de Historia Moderna e Contemporánea. A publicación ve a luz baixo o selo de calidade ‘USC, editora’. O número correspondente ao ano 2012 preséntase nunha dobre edición, impresa e dixital, esta última a través do Portal Rev(usc). En liña coa continua actualización na que esta inmersa a revista, os seguintes números serán xa editados en soporte dixital grazas á plataforma OJS da USC. Deste xeito, aspírase a reforzar o proceso de internacionalización da revista iniciado en 2005 e favorecer así o incremento dos seus índices de impacto tras os bos resultados acadados nos últimos años. O volume 21 está formado por un total de 11 traballos de investigación dedicados, entre outros temas, á análise da evolución seguida nos últimos anos polos estudos de historia rural en Francia, dos factores que rodearon a formación das parellas na Italia moderna, das fórmulas de explotación pesqueira no banco canario-sahariano ou das relacións que as cortes de Madrid e Viena mantiveron entre si no curso do século XVII.

The contents of this page were updated on 11.15.2012.