Skip to main content

O Espazo de Danza da USC intervén no desfile en Santiago do deseñador Gonzalo Vázquez

O Espazo de Danza da Universidade de Santiago participa activamente, como vén sendo habitual, nos desfiles de presentación da última colección de moda do deseñador galego Gonzalo Vázquez. Logo de intervir o sábado pasado na cidade portuguesa de Porto, este martes 18 en Santiago volverán ilustrar o desfile coa súa danza. Será ás 21.00 horas no Paraninfo da Universidade, na Facultade de Xeografía e Historia. Matrícula Precisamente o Espazo de Danza da USC abre esta semana o prazo de matrícula nos cursos a desenvolver durante o presente ano académico.

The contents of this page were updated on 09.17.2012.