Skip to main content

A USC presenta a súa oferta deportiva

O vicerreitor de Estudantes, Cultura e Formación Continua, Francisco Durán, e a responsable da Área de Deportes da Universidade de Santiago, María Isabel Fraga, presentarán este xoves 11 aos medios de comunicación a oferta deportiva da institución. A rolda de prensa terá lugar ás 11.00 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca. A USC dispón de 36.890 metros cadrados de espazos deportivos nos que realizar práctica libre de, entre outros, natación, balonmán, tenis, bádminton, fútbol, hockei ou atletismo. Ademais, ofrece numerosas escolas deportivas e a oportunidade de participar en deporte de competición tanto no campus de Santiago como no de Lugo. Na rolda de prensa farán balance ademais do desenvolvemento das actividades o pasado curso e do comezo desta campaña, polo de agora con grande aceptación.

The contents of this page were updated on 10.10.2012.