Skip to main content

O roteiro do xoves 18 será polo Tambre

Á vista do mal estado da zona do río Sar en Compostela, o Servizo de Deportes da Universidade de Santiago decidiu cambiar a ruta do próximo xoves 18 que agora transcorrerá polo Tambre, no Concello de Brión. A saída será ás 16:30 horas en autobús ata a aldea da Ponte Insua para logo continuar por Forxán, Mourentáns e Santa María de Ons. Son en total 10 quilómetros cunha dificultade baixa.

The contents of this page were updated on 10.10.2012.