O profesor Paul Tavan manterá encontros con investigadores do CIQUS dentro do ciclo Fronteiras da Ciencia
O ciclo Fronteiras da Ciencia trae este mércores 10 a Compostela ao profesor da Ludwig-Maximilian Universität (Alemaña) Paul Tavan para pronunciará a conferencia ‘Conformational changes in BLUF domains’. A intervención comezará ás 12.00 horas na Aula de Seminarios do centro singular de investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CIQUS). Fronteiras da Ciencia é un ciclo de seminarios internacionais de Campus Vida que organiza a Rede de Centros Singulares de Investigación da USC. O profesor Tavan presentará nesta sesión unha análise teórica dos espectros de vibración do cromóforo flavina mediante a aplicación da Teoría do Funcional de Densidad (DFT) á Flavina integrada no modelo de mecánica molecular (MM) da súa proteína e o medio disolvente. Ademais, e dado que o profesor Tavan permanecerá na USC dous días, manterá ademais encontros con grupos de investigación do CIQUS cos que o xoves 11 compartirá un seminario de Físico-Química no que se exporán e debaterán distintas propostas de traballo. Paul Tavan estudou física na Universidade de Würzburg (Alemaña). En 1978 doutorouse no Instituto Max-Planck de Química Biofísica de Göttingen e na Universidade de Göttingen. Posteriormente realizou estadías posdoutorais en Göttingen, Freie Universität Berlin e na Universidade de Cornell (USA). Fundou o Grupo de Biofísica Teórica na Technische Universität München, onde é profesor dende 1993.