A USC sumouse á convocatoria do colectivo Carta pola Ciencia en contra dos recortes en I+D

A USC sumouse este mércores 19 á convocatoria do colectivo Carta pola Ciencia nunha mobilización en contra dos recortes do goberno en I+D+i. O acto reivindicativo en Galicia, simultáneo en todas as comunidades autónomas, realizouse na praza do Obradoiro coa participación do reitor, así como de integrantes da comunidade universitaria compostelá.