Skip to main content

Carlos Acuña Castroviejo coordina unha xornada de conferencias científicas sobre funcións cerebrais

O catedrático da Universidade de Santiago e académico numerario da Academia de medicina de Galicia Carlos Acuña Castroviejo coordina este xoves 13 unha xornada aberta de conferencias científicas na que ademais del intervirán o académico correspondente Javier Cudeiro Mazaira e o profesor de Fisiología da Universidade da Coruña, Casto Rivadulla Fernández. A xornada dará comezo ás 19.30 horas na Real Academia de Medicina de Galicia, na Coruña. Na sesión científica, titulada ‘Sinais do cebrebro para levar’, presentaranse tres formas de tratar o estudo dos códigos do cerebro para o seu funcionamento e que serán útiles para restaurar ou mellorar as funcións cerebrais. Así, porase sobre a mesa cómo os estudos da atención, dos mecanismos neuronais que permiten entender os actos dos demais e dos erros cometemos derivan en solucións tecnolóxicas que simulan actividades cerebrais que axudan á vida diaria de quen as perderon. “A análise do procesamento dos sinais das neuronas–sinala o profesor Acuña-, supón un gran avance para coñecer cómo o cerebro procesa funciones superiores como a atención, a memoria ou a toma de decisións, presentes en todas as especies animais, o que pon de manifesto a existencia de códigos comúns para a función cerebral”. Entre outros exemplos, o catedrático sinala que o estudo deses códigos permitirá levar eses sinais “para reemprazar a visión cando se perda un ollo, o movemento cando se perda un brazo ou dirixir vehículos coa mente”.

The contents of this page were updated on 12.12.2012.