Skip to main content

Quedan poucos días para inscribirse no Torneo de Reis de tenis da USC

Como vén sendo tradición, a Universidade de Santiago de Compostela organiza no aninovo o Torneo de Reis de Tenis, para que tanto o alumnado das escolas da USC como os usuarios e usuarias de deportes, amantes desta modalidade, se xunten nunha competición amigable nas instalacións do Campus Vida. As datas de celebración son do 2 ao 5 de xaneiro de 2013 e a inscrición pode facerse ata o 19 de decembro de 2012 de forma presencial nas pistas de tenis ou na piscina universitaria, ou enviando un correo electrónico a deporsec [at] usc.es (deporsec[at]usc[dot]es) no que se fagan constar nome e apelidos, data de nacemento, D.N.I. ou nº de usuario de deportes teléfono de contacto e correo electrónico.

The contents of this page were updated on 12.13.2012.