Skip to main content

Unhas xornadas técnicas no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo achegan os últimos avances en produción láctea

A actividade forma parte do programa do máster en Produción de Leite que organiza a Escola Politécnica Superior de Lugo

O venres 14 ás 10.00 horas celebrarase no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) unha xornada técnica sobre produción láctea. Esta actividade encádrase no marco da primeira edición do máster de Produción de Leite que se está a impartir no presente curso académico, organizado pola Escola Politécnica Superior da USC en Lugo. Nesta xornada participará o catedrático da área de Produción Animal da Universidade Autónoma de Barcelona, Sergio Casalmiglia Blancafort, recoñecido experto no ámbito da nutrición de ruminantes. O profesor Casalmiglia impartirá unha conferencia sobre as estratexias na prevención da cetose na alimentación de vacún de leite. Nesta mesma xornada presentaranse os proxectos desenvolvidos no CIAM no sector do vacún de leite. A oferta formativa do curso estrutúrase desde unha perspectiva multidisciplinar e componse de 50 créditos, dos que 25 se corresponden cos contidos teóricas e os outros 25 co traballo de final de máster e unhas prácticas obrigatorias. As materias abranguen aspectos como produción de forraxes, morfoloxía e fisioloxía de vaca de leite, alimentación, instalacións gandeiras, calidade do produto, organización do traballo ou economía aplicada á produción de leite. Máis 40 docentes, entre investigadores, profesores universitarios e técnicos de empresas privadas, serán os encargados de achegar os contidos do curso. Nesta primeira edición cubríronse as 15 prazas ofertadas.

The contents of this page were updated on 12.13.2012.