O Instituto de Ciencias da Educación colabora no programa Formación en xénero e novas masculinidades da Secretaría Xeral de Igualdade
Un grupo de 30 estudantes da área das Ciencias da Educación da USC vai participar no programa Formación en xénero e novas masculinidades, unha acción da Secretaría Xeral da Igualdade orientada á reflexión sobre a diversidade de masculinidades presentes na sociedade e á análise do proceso de socialización como factor determinante na creación das identidades masculinas e femininas. ‘Formación en xénero e novas masculinidades’ se desenvolve ata o 20 de decembro en sesións nas que se abordará o papel dos axentes de socialización na configuración das identidades de xénero, entre os que a escola xoga un papel decisivo xunto á familia e aos medios de comunicación. As persoas participantes terán a oportunidade de afondar, asemade, na construción do patriarcado e nos elementos culturais que condicionan a creación de determinado tipo de masculinidades. En definitiva, os contidos están concibidos para dotar o futuro profesorado da formación idónea que lle capacite para transmitir nas aulas propostas de equidade que substitúan as concepcións hexemónicas da masculinidade tradicional.
Este programa formativo está enmarcado no proxecto ‘Eles tamén 2009-2013’ no que participan Galicia, Castela León e Portugal co obxectivo de buscar fórmulas de implicación activa dos homes no desenvolvemento das políticas de igualdade, compatibles coa potenciación do papel das mulleres.