Ismael Ramos Castelo recolleu o primeiro premio do Concurso de Relatos Curtos contra a Violencia de Xénero
A Oficina de Igualdade de Xénero celebrou este martes 11 na Facultade de Xeografía e Historia o acto público de entrega dos premios do I Concurso de Relatos Curtos contra a Violencia de Xénero. Presidido polo reitor Juan Casares Long, Ismael Ramos Castelo recolleu o primeiro polo traballo ‘A muller do escritor’. Ademais, concedéronse accésits a Adriana Grela del Río por ‘Presentimento’, a Ignacio Nicolás Fernández por ‘O Príncipe herdeiro e o medio dragón’ e a Julia Ammerman Yebra por ‘Trocando a realidade’. Os catro autores e autoras premiados, que no acto deron lectura aos seus relatos, destacaron de entre un total de 105 relatos participantes e dos que, nunha primeira selección, o xurado–c omposto por Teresa Moure Pereiro, Manuel Núñez Singala e Manuela Palacios González– xa elixira sete finalistas que recibiron un diploma acreditativo e verán a súa obra incluída nunha próxima publicación.
Os encargados de entregar os galardóns foron, ademais do reitor, a vicerreitora de Responsabilidade Social e Calidade, Benita Silva; o decano da Facultade anfitrioa, Juan Monterroso; a responsable da Oficina de Igualdade de Xénero, Eva Aguayo; e a profesora Teresa Moure en representación do xurado.