Skip to main content

Catalogan na USC obras de pintura flamenca localizadas en museos, igrexas e coleccións privadas do norte de España

Catalogan na USC obras de pintura flamenca localizadas en museos, igrexas e coleccións privadas do norte de España
Catalogan na USC obras de pintura flamenca localizadas en museos, igrexas e coleccións privadas do norte de España
O resultado do traballo é a tese de doutoramento de Ana Diéguez Rodríguez

A investigadora Ana Diéguez Rodríguez estudou máis de duascentas obras localizadas en museos, igrexas e coleccións privadas do norte de España para elaborar a súa tese de doutoramento centrada na catalogación e análise da presenza de pintura flamenca do século XVI en Euskadi, Navarra, Cantabria, Asturias e Galicia. Aos estudos monográficos de cada una das obras acompáñalle unha análise detallada dos gustos, actividade comercial e mecenado artístico desenvolvido en cada un dos territorios mencionados. Dirixida polo profesor e decano da Facultade de Xeografía e Historia,. Juan Monterroso, e polo conservador do Museo do Prado Matías Díaz Padrón, e tese supón ademais un avance no estudo iconográfico e dos autores das obras. O tribunal que lle concedeu á doutora a máxima cualificación presidiuno o profesor da USC José M. García Iglesias, sendo a secretaria a profesora Begoña Fernández Rodríguez, tamén da institución compostelá, e os vogais José Antoni i Pitarch, da Universidade de Barcelona; o profesor da Universidade Libre de Bruxelas, Didier Martens; e a conservadora do Museo del Prado, Leticia Ruiz Gómez.

The contents of this page were updated on 12.18.2012.