Skip to main content

A Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade entrega os III Premios á Introdución da Perspectiva de Xénero da USC

A entrega de galardóns porá fin este xoves á terceira convocatoria dos Premios á Introdución da Perspectiva de Xénero na Docencia e na Investigación da USC nun acto ás 17.30 horas no Salón de Graos do Colexio de San Xerome. Esta convocatoria da Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade promove e visibiliza as distintas iniciativas desenvolvidas no eido da docencia e a investigación a prol da perspectiva de xénero na USC. En total entregaranse catro premios. Na modalidade de docencia concedeuse un primeiro premio, dotado con 1.000 euros, á proposta ‘Enfoques de xénero na materia Traballo Fin de Grado en Economía das áreas de Economía Aplicada e Historia Económica. Metodoloxía de traballo e resultados’, que promoveron Mª Pilar Freire Esparís e Nélida Lamelas Castellanos. No tocante á modalidade de investigación, o primeiro premio foi para a proposta ‘Feminización da Universidade. Carreira docente e usos do tempo. Dos patróns tradicionais á corresponsabilidade?’, de Mª Xosé Rodríguez Galdo, José Cordero Torrón, Fausto Dopico Gutiérrez del Arroyo, Mª Pilar Freire Esparís, Elisa Jato Seijas, Mª José Méndez Lois, Eduardo Pis Sánchez e Rosa Mª Regueiro Ferreira. O segundo, dotado con 750 euros, recaeu na proposta de Marta Lois González e Isabel Diz Otero coa denominación ‘ Conquistaron as mulleres o poder político?: unha análise da súa representación nas institucións autonómicas’ e o terceiro, con 500 euros, en ‘Mulleres coidadoras e depresión: unha intervención preventiva’ de Ángela J. Torres Iglesias, Vanessa Blanco Seoane, Olga Díaz Fernández, Elisabet Hermida García, Patricia Otero Otero e Fernando Lino Vázquez González. O xurado encargado de avaliar as candidaturas presidiuna a vicerreitora de Responsabilidade Social e Calidade, Benita Silva, e integrárono ademais a directora do ICE, Ana Mª Porto; o director do Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA), Melchor Fernández; a secretaria da Facultade de Matemáticas, Josefina Ling; o decano de Ciencias da Comunicación, Xosé Pereira; a profesora Mª Pilar Cagiao; e a coordinadora da Oficina de Igualdade de Xénero da USC, Eva Aguayo.

The contents of this page were updated on 12.19.2012.