Skip to main content

A Catedra Bancaja da USC colabora no campus emprendedor en Santiago para mozos e mozas de secundaria

A Catedra Bancaja Novos e Novas Emprendedores da USC colabora no campus que organiza a asociación ADNideas dirixido a mozos e mozas de secundaria (12 a 14 anos) que se desenvolverá do 26 ao 28 de decembro en Santiago. Trátase dunha iniciativa pioneira para o desenvolvemento de competencias emprendedoras (creatividade, traballo en equipo, motivación, xestión de proxectos, …) en idades temperás, a través de actividades amenas e divertidas. O programa inclúe múltiples e diversas actividades co obxecto de fomentar valores como o traballo en equipo, o liderado, a capacidade de comunicación ou a capacidade de resolución de problemas. Inclúe sesións de teambuilding, introdución ao emprendemento, creación de valor, técnicas de presentación, marketing, creatividade, introdución ás finanzas e actividades outdoor.

The contents of this page were updated on 12.21.2012.