Skip to main content

A USC asina un convenio coa Sociedade Deportiva Compostela para a realización do prácticum de Psicoloxía

O reitor da Universidade de Santiago, Juan Casares Long, e o presidente da Sociedade Deportiva Compostela, Antonio Quinteiro Canedo, asinan este mércores 30 un convenio de colaboración para desenvolver o practicum do alumnado de Psicoloxía. A sinatura terá lugar ás 11.30 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome e a ela asisten tamén o xerente da Fundación USC-Deportiva, Óscar Hermida, e o director deportivo da SD Compostela, Julio Prol. En virtude do acordo, estudantes da USC colaborarán durante dous meses nas tarefas propias da SD Compostela baixo a titorización dun titulado ou titulada en Psicoloxía.

The contents of this page were updated on 11.29.2011.