Yoshiaki Nakao ofrece unha conferencia en Química
O ciclo de cursos, seminarios e conferencias do Departamento de Química Orgánica da USC para 2010-2011 organiza este martes 1 de febreiro a intervención de Yoshiaki Nakao, do Departamento de Química Material da Universidade de Kioto.
A sesión dará comezo ás 12:00 horas na Aula Magna da Facultade de Química da USC baixo o lema ‘C-C Bond forming additin reactions by cooperative metal catalysis’.