Skip to main content

Preséntase unha edición facsimilar do diario de Edith Wharton na súa primeira peregrinación a Santiago

A autora de A idade da inocencia realizou o Camiño a Santiago en dúas ocasións, en 1925 e 1928, recollendo a experiencia nun diario que agora edita a USC coa colaboración da Secretaría Xeral de...

A escritora norteamericana Edith Wharton, autora de A idade na inocencia, realizou o camiño de Santiago en dúas ocasións, en 1925 e 1928. Agora a USC, a través do seu Servizo de Publicacións, edita coa colaboración da Secretaría Xeral de Igualdade e por vez primeira o diario manuscrito da súa primeira peregrinación e as notas redactadas a raíz da segunda con destino a un ensaio que non chegou a escribir. O reitor Juan Casares xunto coa secretaria xeral de Igualdade, Marta González, presentarán este obra, o luns día 3 de outubro, ás 12.00 horas, no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome. Xunto a eles, tamén intervirán a profesora Patricia Fra, encargada da edición literaria e a tradución, e o director do Servizo de Publicacións da USC, Juan Blanco. Co título Edith Wharton (1862-1937): Back to Compostela/Regreso a Compostela reproduce o diario de xeito facsimilar, transliterado ao inglés e traducido a galego e castelán.

The contents of this page were updated on 09.30.2011.