Skip to main content

Presentación do libro Riesgos naturales en Galicia: el encuentro entre naturaleza y sociedad coordinada polo profesor Urbano Fra

Un total de 21 especialistas, baixo a coordinación do investigador da USC Urbano Fra Paleo, analizan os Riesgos naturales en Galicia: el encuentro entre naturaleza y sociedad. O volume será presentado este luns 7 de febreiro, ás 12:30 horas, no Salón Nobre do Colexio de Fonseca, nun acto presidido polo reitor da Universidade de Santiago, Juan Casares Long, e o director xeral do Consorcio de Compensación de Seguros adscrito ao Ministerio de Economía e Facenda, Ignacio Machetti Bermejo. A autor do libro, o profesor Urbano Fra Paleo, traballa na USC dentro do Departamento de Enxeñaría Agroforestal e no grupo de investigación do Laboratorio do Territorio do campus de Lugo. Fra Paleo, doutor en Xeografía pola Universidade de Santiago, adícase ao estudo dos riscos naturais, en particular a análise do risco de inundación, de incendio e volcánico. Así mesmo, o profesor é membro, entre outros, do comité español do International Human Dimensions Programme on Global Envioronmental Change. Riesgos naturales en Galicia: el encuentro entre naturaleza y sociedad divídese en 15 capítulos, elaborados por 21 especialistas, entre os que se atopa, ademais do propio Urbano Fra, especialistas das universidades de Santiago, A Coruña, Politécnica de Madrid e Rey Juan Carlos; dos centros de investigación de Lourizán (Pontevedra), o Oceanográfico de Vigo e o Instituto Nacional de Investigación e Tecnoloxía Agraria e Agroalimentaria e Meteogalicia. A estimación de superficies queimadas mediante teledetección, os lumes de agosto de 2006 en Galicia; os riscos asociados a fenómenos meteorolóxicos extremos ou a actividade sísmica en Sarria-Triacastela-Becerreá son algúns do temas que se analizan no libro.

The contents of this page were updated on 02.04.2011.