Skip to main content

Acruga recolle este venres o XI Premio Aresa de Desenvolvemento Rural

A Asociación Nacional de Criadores de Gando Vacún Selecto de Raza Rubia Galega (ACRUGA) recollerá este venres 4 de febreiro o XI Premio Aresa de Desenvolvemento Rural nun acto que se desenvolverá a partires das 20:00 horas no Auditorio ‘Enrique A. González García’ da Facultade de Veterinaria de Lugo. O presidente de ACRUGA, César Dorado, recibirá o galardón deste ano en representación do colectivo pola súa contribución ao desenvolvemento da economía galega

Asistirán o reitor da USC, Juan Casares Long; o presidente de Aresa, Álvaro Rodríguez Eiras; e outras personalidades do eido político, académico e social de Galicia como son os restantes membros do xurado da presente edición, formado por Casares Long e Rodríguez Eiras ademais do vicerreitor de Coordinación e Planificación do Campus de Lugo, Pedro García Herradón; o vicerreitor de Investigación da Universidade de Murcia, Juan María Vázquez Rojas. Asiste ademáis Gerd Botter, en calidade de director xeral de Nanta, quen substitúe no cargo ao que tamén foi membro do xurado, Francisco Irazusta. Nanta pertence ao grupo Nutreco, multinacional europea dedicada á alimentación animal, que conta con dúás plantas de fabricación de pensos en Galicia, unha emprazada en Begonte e outra en Padrón. No transcurso do acto, o catedrático de Fundamentos da Análise Económica da Universidade de Santiago de Compostela, Alberto Meixide Vecino, pronunciará a conferencia titulada ‘ Crise Económica, Demografía e Territorio’ na que fará unha análise da coxuntura social e económica no contexto da nosa comunidade autónoma. Este recoñecido premio está impulsado pola empresa luguesa Aresa e a USC, chegando este ano á súa decimo primeira edición. Entre os convidados a cerimonia de entrega atópanse numerosos representantes do sector agro gandeiro e da economía rural galega.

The contents of this page were updated on 02.03.2011.