O profesor Roger Ohayon impartirá un seminario na Facultade de Matemáticas
O profesor do Conservatorio Nacional das Artes e Oficios (Francia) Roger Ohayon impartirá o vindeiro luns 14 na Facultade de Matemáticas da USC un seminario baixo o título ‘Intelligent Adaptive Fluid-Structure Interaction Systems’. Será a partir das 12:00 horas no Salón de Graos do centro compostelán. Roger Ohayon, que desenvolve o seu labor no Laboratorio de Mecánica das Estruturas e dos Sistemas de Acoplamento, acude á USC convidado polo Departamento de Matemática Aplicada.