Skip to main content

Clases de primeiros auxilios e autoprotección para estudantes e mestres de Infantil e Primaria

A Escola Universitaria de Formación do Profesorado de Lugo impulsa unha xornada formativa neste senso

A Escola Universitaria de Formación do Profesorado do Campus de Lugo organiza unhas Xornadas de Autoprotección e Primeiros Auxilios nos Centros de Infantil e Primaria destinadas principalmente a estudantes e docentes que desenvolven o seu traballo en centros educativos.

A actividade está organizada polo profesor Rubén Navarro Patón e desenvolverase o vindeiro 21 de xaneiro nas instalacións da Escola Universitaria luguesa dividíndose os contidos nunha parte teórica e noutra práctica. A primeira estará centrada por unha banda na análise dos plans de emerxencia nos centros educativos e nos accidentes máis frecuentes nos patios e durante as clases de educación física e nas actitudes cara a prevención de accidentes e o auxilio no eido da educación física e do deporte pola outra. Despois dos relatorios terá lugar un obradoiro práctico centrado na reanimación cardio pulmonar, baseado nas guías publicadas en novembro de 2010, e noutros aspectos dos primeiros auxilios. A inscrición nesta xornada é de balde e debe realizarse introducindo os datos persoais no enderezo electrónico ruben.navarro.paton [at] usc.es (ruben[dot]navarro[dot]paton[at]usc[dot]es).

The contents of this page were updated on 01.11.2011.