Skip to main content

As asociacións de estudantes aínda poden optar ás axudas para actividades de dinamización e participación universitaria

As asociacións de estudantes aínda poden optar ás axudas para actividades de dinamización e participación universitaria
As asociacións de estudantes aínda poden optar ás axudas para actividades de dinamización e participación universitaria
O prazo de solicitude remata este venres 21

A Universidade de Santiago ten aberto o prazo de solicitude de axudas a programas de actividades estudantís, que ten por obxecto subvencionar proxectos de dinamización da información e a participación, organización de congresos, charlas e foros de debate, a realización de actividades de carácter social e a publicación de libros e revistas que dean a coñecer as asociacións no eido universitario. As axudas pódense solicitar ata este venres 21 ás 14:00 horas, por parte das asociacións universitarias censadas no rexistro da USC antes da data de remate desta convocatoria. As solicitudes efectuaranse no modelo dispoñible no enlace http://www.usc.es/gl/perfis/estudantes/asociacions/convocatorias.html e dirixiranse ao xefe do Servizo de Axudas e Servizos ao Alumnado (Pavillón Estudantil, Campus Vida), debendo presentarse nos rexistros xerais da USC, na Reitoría (Colexio de San Xerome, Santiago) e no Edificio Servizos Administrativos e na Biblioteca Intercentros (Lugo). As asociacións que concorreron a estas axudas o pasado ano deberán presentar a memoria de execución de actividades realizadas en 2010 e o proxecto das actividades a facer en 2011; mentres que os restantes colectivos só debe cumprir este último requisito.

Unha comisión, que estará formada polo vicerreitor de Estudantes e Formación Continua e membros da Comisión de Actividades Culturais do Claustro Universitario, será a encargada de avaliar as solicitudes que opten a estas axudas. A Vicerreitoría de Estudantes fará pública a resolución da convocatoria e a puntuación obtida por cada un dos solicitantes o día 28 de febreiro nos taboleiros de anuncios do Servizo de Axudas e Servizos ao Alumno, no da Reitoría da USC, no da Vicerreitoría de Coordinación e Planificación do campus de Lugo e na web http://www.usc.es/gl/perfis/estudantes/asociacions/convocatorias.html.

The contents of this page were updated on 01.18.2011.