Skip to main content

O embaixador da Federación Rusa en España visitou a USC

De esquerda a dereita, Agustín Dosil, Alexander Kuznetsov e Juan Casares
De esquerda a dereita, Agustín Dosil, Alexander Kuznetsov e Juan Casares
Coincidindo coa celebración do congreso internacional ‘Espazos interculturais’ no que participan docentes e investigadores rusos e españois

Coincidindo coa celebración do contreso internacional ‘Espazos interculturais: a historia da familia é a historia do pobo’, no que participan docentes e investigadores rusos, o reitor Juan Casares recibiu este mércores ao embaixador da Federación da Federación Rusa en España, Alexander Kuznetsov, quen ademais asinou no libro de Honra da USC. Na xuntanza, á que tamén asistiu o profesor Agustín Dosil, organizador do congreso, referíronse aos actuais vínculos entre Rusia e a institución compostelá a través de múltiples convenios de intercambio e a presenza de estudantes e investigadores rusos nas aulas da universidade de Santiago. O embaixador Kuznetsov, como tamén puxo de manifesto na súa intervención no congreso, defendeu que as relacións da Universidade Estatal de Humanidades de Rusia coa USC permiten un "achegamento" de Galicia a Rusia "de maneira estable e a longo prazo". Congreso Internacional O Congreso, inaugurado esta mañá polo reitor compostelán no Hostal dos Reis Católicos, estivo dedicado nesta primeira xornada á proxección e papel da universidade europea no presente século. Nas sesións deste xoves 24 e o venres 25, o encontro centrará a súa atención sobre as migracións como fenómenos de índole cultural, os retos da sociedade civil na actualidade e sobre as relacións comerciais e económicas entre Rusia e España. En conxunto, a xuntanza permitirá como a evolución da ambas sociedade ao longo da historia está conformada pola suma colectiva da institución familiar como eixo da construcción social. Esta é unha acción incluída nos eventos do Ano Dual España-Rusia, promovida polos gobernos de ambos países e organizada por Familias Mundi.

The contents of this page were updated on 11.23.2011.