Skip to main content

Medicina acolle o X Congreso da Sociedade Española de Odontoloxía para o Minusválido e Pacientes Especiais

O reitor presidiu a inauguración
O reitor presidiu a inauguración
Medicina acolle o X Congreso da Sociedade Española de Odontoloxía para o Minusválido e Pacientes Especiais

A Sociedade Española de Odontoloxía para o Minusválido e Pacientes Especiais (SEOEME) celebra estes días en Santiago o seu décimo congreso. A inauguración estivo presidida polo reitor da USC, Juan Casares, e nela participaron ademais o director de Procesos Asistenciais da Consellaría de Sanidade, José Javier Ventosa; o decano da Facultade, Juan Jesús Gestal; a presidenta da SEOEME, Elena López-Arranz; e o presidente do comité organizador, o profesor Pedro Diz Dios. No encontro abordaranse aspectos do manexo odontolóxico dos pacientes discapacitados e medicamente comprometidos desde una perspectiva práctica e multidisciplinar. En concreto, tratarán asuntos relacionados cos implantes, os traumatismos dentais, a ortodoncia en discapacitados, os antisépticos orais máis adecuados, o paciente xeriátrico ou os antiobióticos, entre outros. Como relatores participan especialistas e profesionais de universidades e centros españois, de Israel, Italia e Reino Unido. A conferencia de clausura, titulada ‘Xenética e odontoloxía’ pronunciaraa o catedrático da USC Ángel Carracedo. O programa abordará aspectos do manexo odontolóxico dos pacientes discapacitados e medicamente comprometidos desde una perspectiva práctica e multidisciplinar

The contents of this page were updated on 06.22.2023.