Skip to main content

Concertos de jazz na Casa do Saber

Concertos de jazz na Casa do Saber
Concertos de jazz na Casa do Saber

A Casa do Saber da USC acolle a vindeira semana, os dias 14 e 15, dous concertos do XXI Festival de Jazz de Lugo. Ambos os dous serán de entrada libre ata completar o aforo. O luns será a quenda do Chema Sáiz Trío, que ofrecerá un recital ás 20.00 horas. Guitarrista de jazz e de estilo clásico, como intérprete ou como compositor, Chema Sáiz é una das figuras indiscutibles na escena do jazz español. Estará acompañado de Toño Miguel no contrabaixo e Borja Barrueta á batería. Xa o martes ás 20.00 horas actuará, por primeira vez en España, un dos máis importantes organistas de Nova York, Brian Charette, nomeado en dúas ocasións as premios Grammy, xunto co percusionista orixinario de Mississippi Greg Stewart e o guitarrista lucense Telmo Fernández. The Bee’s G.T. Organ Trio bebe das fontes rítmicas dos anos 60 e 70 fusionando a máis pura tradición do organ jazz con blues, soul, funk e R&B e logrando un estilo ecléctico debido á diferente procedencia dos compoñentes.

The contents of this page were updated on 11.11.2011.