Skip to main content

Ciencias Políticas celebra unhas xornadas sobre os novos títulos de grao neste disciplina

As xornadas ‘Os novos títulos de grao en Ciencias Política’ reúne este xoves 24 e o venres 25 a representantes de facultades de toda España onde se imparte esta titulación para debater e poñer en común aspectos relacionados co desenvolvemento destes estudos e experiencias innovadoras na súa docencia. Inauguradas no Salón de Graos da Facultade compostelá pola vicerreitora de Responsabilidade Social e Calidade, Benita Silva, abriu o programa a mesa redonda ‘Orientacións dos estudos de Ciencia Política’ na que interviñeron representantes da UNED, da Universidade de Xaén e da propia USC. Pola tarde a partir das 16.30 horas, a quenda de intervencións continua cunha segunda mesa redonda dedicada á presentación de experiencias sobre o novo modelo de ensinanza-aprendizaxe. Tomarán a palabra docentes das universidades Complutense de Madrid, Autónoma de Barcelona, do País Vasco e da USC. Este mesmo xoves 24, a partir das 19.30 horas, a vicerreitora de Titulacións e Persoal Docente e Investigador, Carmen Fernández Morante, inaugurará o Máster en Xestión da Cooperación Internacional e das ONG’s da USC, acto incluído na programación das xornadas. Presente e futuro dos estudos de Ciencia Política debateranse no transcurso dun seminario de traballo que o venres 25 porá fin ás xornadas. Os profesores da USC Ramón Máiz e Antonio Losada e o da Universidade de Granada Juan Montabes achegarán as súas posturas en relación coa autonomía da Ciencia Política, as orientación nestes estudos e as saídas profesionais dos estudos en Ciencia Política.

The contents of this page were updated on 11.24.2011.