Skip to main content

O profesor Javier Garbayo comenta a ópera ‘O rapto do Serrallo’

O profesor de Historia da Música da Universidade de Santiago de Compostela, Francisco Javier Garabayo Montabes, clausura a tarde deste mércores o ciclo ‘Ópera e cine’ que organiza a Asociación de Amigos da Ópera de Santiago de Compostela e da que el mesmo é membro fundador. A cita será ás 20.00 horas no Centro Social Novacaixagalicia (Praza de Cervantes). No acto proxectaranse fragmentos da ópera ‘O rapto do Serrallo’ que foi presentada en Viena en 1782 e en España o fixo 144 anos despois. Mozart realizou numerosos cambios no libreto aínda que seguía dentro do esquema tradicional da ópera bufa: os nobres namorados serios, a parella cómica, o mal salvaxe e o bo.

The contents of this page were updated on 11.23.2011.