O reitor Juan Casares presidirá a inauguración do congreso internacional ‘Espazos interculturais’
O reitor Juan Casares presidirá a inauguración do congreso internacional ‘Espazos interculturais: a historia da familia é a historia do pobo’, un encontro que entre este mércores 23 e o venres 25 reunirá a investigadores, docentes e representantes da Unescos, entre outros, procedentes de Rusia e España. A inauguración celebrarase a partir das 16.30 horas no Hostal do Reis Católicos. Esta primeira xornada do congreso estará dedicada á proxección e papel da universidade europea no presente século. En días posteriores, as xornadas deste encontro internacional centrarán a súa atención sobre as migracións como fenómenos de índole cultural, os retos da sociedade civil na actualidade e sobre as relacións comerciais e económicas entre Rusia e España.