O reitor preside a sesión inaugural do Máster en Mediación
O reitor Juan Casares presidirá o este venres 4 no Salón de Graos da Facultade de Dereito a sesión inaugural do Máster en Mediación nunha sesión que comezará ás 19.30 horas. Nesta xornada, Ramón Alzate Sáez pronunciará a conferencia inaugural do curso titulada ‘Máis alá da mediación’, para continuar coas intervencións da directora do máster, a profesora Raquel Castillejo, e do decano da Facultade de Dereito, Luís Míguez Macho. A continuación tomarán a palabra a subdirectora xeral de Desenvolvemento e Seguridade Asistencial, Mercedes Carreras; o director xeral de Xustiza da Xunta de Galicia, Juan José Martín; a secretaria xeral de Familia e Benestar, Susana López Abella; e o fiscal superior de Galicia, Carlos Varela.