Skip to main content

Cantigas e anécdotas en recordo da compañeira Chusa

O salón de actos da Facultade de Ciencias da Comunicación encherase este venres 4 a partir das 20 horas de anécdotas, cantigas e risas en memoria da compañeira Chus González Torre, ‘Chusa’, finada este verán. A convocatoria desta homenaxe é aberta a todas as persoas que consideren que Chus desexaría que estivesen, “porque aberto é tamén o abano das súas amizades e afectos”, din quen organizan o acto, que “fará xustiza ao seu natural carácter alegre e empático”. As persoas que vaian intervir na homenaxe beben comunicalo coa maior brevidade posible aos correos ou teléfonos que se indican: Lucía Rodríguez Martínez : CEN110 [at] si.usc.es (CEN110[at]si[dot]usc[dot]es) / Ext. Tef. : 16214 Mercedes Alonso Pequeño: mercedes.alonso [at] si.usc.es (mercedes[dot]alonso[at]si[dot]usc[dot]es) / Ext. Tef. : 13714

The contents of this page were updated on 11.03.2011.