Skip to main content

Presentación da oferta de Cursos de Verán da USC para este ano

A oferta de cursos de verán da USC para este ano ascende a un total de 39 títulos que se celebraran nos campus de Santiago e Lugo así como noutras once localidades de toda Galicia. Os principais detalles desta edición dos cursos estivais da USC presentaranos en rolda de prensa o vicerreitor de Extensión Universitaria, Cultura e Sociedade, Javier Garbayo, e o director da Área de Cultura da USC, Pablo Sampedro. A rolda de prensa celebrarase a partir das 11:30 no Sala de Prensa do Colexio de Fonseca. Na presente edición, a programación de cursos desenvolverase nos Campus de Verán de Guitiriz, Ribadeo e Sarria, e en Arzúa, Caldas, Foz, Lalín, Ribadumia, Sanxenxo, Folgoso do Caurel e Vilagarcía.

The contents of this page were updated on 05.24.2011.