Skip to main content

A profesora da USC Julia Melgar Ríol ingresa na Academia de Farmacia de Galicia

A profesora das facultades de Veterinaria e Ciencias do Campus de Lugo Julia Melgar Riol ingresou este mércores como académico correspondente na Academia de Farmacia de Galicia. A sesión solemne tivo lugar na sede da rúa de San Roque compostelá e nela a docente pronunciou o discurso ‘ Desafío á contaminación medioambiental hídrica mediante a ecotoxicoloxía e a ética’. Julia Melgar, licenciada en Farmacia pola Complutense de Madrid con Premio Extraordinario e especialista en Farmacia Hospitalaria, coordina na actualidade un grupo de investigación que traballa no estudo da contaminación medioambiental e a súa incidencia nos alimentos. Directora de seis teses doutorais, oito tesiñas e dezanove proxectos de investigación fin de carreira, a nova académica de Farmacia ten publicados 45 artigos científicos con elevado Índice de Impacto así como coordinado 10 proxectos de investigación subvencionados. Á marxe da súa actividade docente e investigadora, a profesora Melgar foi vicedecana de Asuntos Económicos e Infraestruturas na Facultade de Veterinaria, ademais de coordinadora do Plan de Desenvolvemento Sostible dende 2004. É tamén membro do comité de acreditación do Sistema Acreditador da Formación Continuada das Profesións Sanitarias da Comunidade Autónoma de Galicia.

The contents of this page were updated on 05.25.2011.