‘As variacións Golberg’ de Bach abren o cuarto ciclo de Formacións de Cámara da Real Filharmonía de Galicia

A violinista Elina Viksne, o viola Timur Sadykov e a violonchelista Barbara Switalska protagonizan este luns, 4 de abril, o primeiro concerto do ciclo de Formacións de Cámara da Real Filharmonía de Galicia, que organiza a vicerreitoría de Extensión Universitaria, Cultura e Sociedade , en colaboración co Consorcio de Santiago e co patrocinio da Deputación da Coruña. Os músicos interpretarán as ‘Variacións Golberg BWW 988’ de J.S. Bach, con arranxo de Dimitri Sitkovetski, a partir das 20:30 horas, no Paraninfo da Universidade (Facultade de Xeografía e Historia). A entrada é libre, ata completar aforo. A ciclo de Formacións de Cámara da Real Filharmonía de Galicia complétase con outros dos concertos, que terán lugar o 9 de maio e o 6 de xuño, respectivamente.