Skip to main content

O catedrático Manuel Bermejo pronuncia unha conferencia en ‘Os Luns do Ateneo’ sobre a muller na investigación química

O catedrático de Química Inorgánica Manuel Bermejo participa o vindeiro luns 11 no ciclo de charlas ‘Os Luns do Ateneo’ nunha sesión organizada co gallo de conmemorar o Ano da Química. O profesor Bermejo pronunciará a conferencia titulada ‘A muller na investigación química’ nunha sesión que está previsto que comece ás 20:00 horas na sede da Fundación Caixa Galicia (r/ do Vilar, 19).

The contents of this page were updated on 04.08.2011.