Skip to main content

Clausura da sexta edición do Curso de Integración Europea, Goberno Corporativo e Responsabilidade Social das Empresas

Repasou as principais reformas no goberno das empresas en España, Europa e en Estados Unidos

O VI Curso de Integración Europea, Goberno Corporativo e Responsabilidade Social das Empresas pechará a súa programación académica este xoves 15 coa clausura oficial do curso, nunha sesión que se celebrará no Salón de Actos da Facultade de Dereito a partir das 19:00 horas. Baixo o lema ‘ Goberno corporativo e responsabilidade social’ a sexta edición deste curso repasou as principais reformas no goberno das empresas en España, Europa e en Estados Unidos. Á sesión de clausura asistirán ademais do reitor, a vicerreitora de Responsabilidade Social e Calidade, Benita Silva; o director xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia, Odilo Martiñá; o vicerreitor adxunto de Investigación do Campus de Lugo, Pablo Ramil, e os directores do curso, o profesor Ángel Fernández-Albor e Elena Pérez Carrillo. Con anterioridade, dende as 17:30 horas, terán lugar as dúas derradeiras intervencións desta edición da man do catedrático de Dereito Mercantil da Universidade de Valladolid, Jesús Quijano, titulada ‘Bo goberno, goberno responsable e recentes reformas da lexislación de Sociedades en España’, e da catedrática de Dereito Civil da USC, Mª Paz García Rubio, co tema ‘Responsabilidade Social e fontes do Dereito’.

Este curso está promovido pola Área de Dereito Mercantil, o Centro de Estudos e Documentación Europeos, o Programa Jean Monnet da Comisión Europea e a Xunta de Galicia coa colaboración do Instituto de Dereito Industrial.

The contents of this page were updated on 04.14.2011.