Skip to main content

Os alumnos de Física traen nove grupos aficionados á XIV edición do Quatum Music Festival

O certame ten lugar este xoves 14 en Compostela e a entrada é de balde

Unha nova edición do Quatum Music Festival terá lugar este xoves en Santiago de Compostela. O festival musical, que ten por obxecto dar a coñecer a grupos amateur e dinamizar a actividade estudantil da cidade, está organizado por alumnos da Facultade de Física. A XIV do festival comezará ás 21:30 horas na Sala Capitol e a entrada será de balde. A música virá da man dos grupos El Auténtico Ryan Giggs, Harmónicos Esféricos, La Maldita, Los 3 Quarks, Menta Poleo, Sally The Arachnophobic, Templanza, Tutorías a las 3 de la mañana y Wyaomin y los Nanorods. Ademais do directo dos grupos, haberá un concurso de Air Guitar e múltiples sorteos cortesía dos patrocinadores do festival. Todos os detalles do certame poden consultarse na súa web oficial.

The contents of this page were updated on 04.13.2011.