Skip to main content

O equipo da USC acada o ouro no XI Campionato Galego Universitario de Carreiras de Orientación

A USC subiu ao chanzo máis alto do podio no XI Campionato Galego Universitario de Carreiras de Orientación, na modalidade de equipos, disputado na Universidade de Vigo. O da Universidade de Santiago obtivo 372,03 puntos fronte aos 364,91 de Vigo e os 350,23 de a Coruña. Integraban o equipo da institución académica compostelá Borja Varela, Manuel Varela, Concepción González e Mª Isabel Fraga, esta última alcanzou ademais a medalla de ouro na modalidade individual.

The contents of this page were updated on 04.15.2011.