Skip to main content

Podio para os atletas da USC no Campionato de España Universitario de Atletismo

Os atletas Esther Navarrete Santana, estudante de Enfermaría, e Carlos Villamor Castiñeiras, de Bioloxía, subiron ao podio esta pasada fin de semana no Campionato de España Universitario de Atletismo que tivo lugar en Castellón. A primeira conseguiu a medalla de ouro en 5.000 metros e Villamor o bronce en 10.000. Na mesma competición acadaron postos de privilexio Iria Castro, finalista en 800 metros; Manuel Hurtado, sexto en 10.000; e Raquel Suárez que pese a unha caída na última volta foi finalista na proba de 3.000 m. Obstáculos.

The contents of this page were updated on 05.11.2011.