Skip to main content

A Escola de Óptica e Optometría celebra este sábado o acto de diplomatura

O reitor da USC, Juan Casares Long, preside este sábado 14, ás 17:30 horas no Salón Nobre de Fonseca, o acto de diplomatura da Escola Universitaria de Óptica e Optometría. Comezarán as intervencións na cerimonia os estudantes Raquel Chaves Freire e Manuel Fernandez Hermo, para continuar co profesor Jorge Gilino Paz, padriño da promoción. Pronunciarán tamén unhas palabras o presidente da delegación rexional do Colexio Nacional de Ópticos e Optometristas, Eduardo Eiroa Mene, e a directora da Escola, Luz M. Gigirey Prieto.

The contents of this page were updated on 05.13.2011.