Unha conferencia en Lugo profunda nos estudos veterinarios en Galicia
A Facultade de Veterinaria do Campus de Lugo acolle este xoves 19, ás 20:00 horas na Sala de Xuntas, a conferencia ‘A veterinaria galega non durmía. A escola de Veterinaria de Santiago (1882-1924)’ que pronunciará Diego Conde Gómez. A charla enmárcase nos actos de conmemoración do Ano Veterinario Mundial 2011 e a Semana Veterinaria Europea en Galicia.