Skip to main content

Urbano Fra presidiu unha sesión de UNISDR sobre gobernanza de situacións de risco

Primeiro pola esquerda, Urbano Fra presidiu en Xenebra unha sesión sobre a necesidade de abordar a redución dos desastres desde unha perspectiva sistémica
Primeiro pola esquerda, Urbano Fra presidiu en Xenebra unha sesión sobre a necesidade de abordar a redución dos desastres desde unha perspectiva sistémica

Urbano Fra, do grupo Laboratorio do Territorio (LaboraTe) da USC, presidiu recentemente unha sesión sobre gobernanza do risco no transcurso dunha xornada organizada por UNISDR (United Nations International Strategy for Disaster Risk Reduction) en Xenebra dentro da terceira Plataforma Global para a Recuperación e Redución de Risco en situacións de Desestre (GPDRR). Inaugurada polo secretario xeral da Organización de Nacións Unidas, Ban Ki-moon, coa presenza da representante especial do secretario xeral para a Redución do Risco de Desastres, Margareta Wahlström, no encontro participaron xefes de Estado e altos representantes de máis de 168 gobernos, 65 organizacións non gubernamentais e 25 intergubernamentais. O tema central da plataforma deste ano foi ‘Invest Today for a Safer Tomorrow?Increased Investment in Local Action’, apostando polo obxectivo de incrementar as accións de redución de risco a escala local. De xeito máis particular, a sesión presidida por Urbano Fra tratou a necesidade de abordar a redución dos desastres desde unha perspectiva sistémica, integrando aos diferentes actores participantes na exposición, mitigación e resposta ao risco, tanto administracións como empresas e sociedade civil; aos distintos niveis da administración; e ás distintas áreas sectoriais, particularmente ás impulsoras do desenvolvemento económico, a xestión do medio ambiente, dos servizos sociais e a xestión da emerxencia, dado que, en opinión de Fra, as distintas políticas están a interferir e competir entre si en lugar de reforzarse.

Como relatores interviñeron o consultor do Banco Mundial Haris Sanahuja; o consultor do Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento, Alonso Brenes; Elke Henning e Qian Ye, de Integrated Risk Governance Project; e Anne McDonald e Jose Antonio Puppim do Institute of Advanced Studies, pertencente á United Nations University. Na súa intervención, Urbano Fra referiuse á necesidade de desenvolver e adoitar o marco da gobernanza do risco para lograr unha maior eficiencia na súa xestión. Tamén falou da necesaria avaliación dos sistemas de gobernanza de cara a identificar as debilidades e medir periodicamente o progreso na súa estruturación e reforma.

The contents of this page were updated on 05.19.2011.