Skip to main content

A Universidade de Santiago e o Consorcio de Santiago asinarán un convenio que regule a vinculación da Escola de Altos Estudos Musicais á USC

O reitor Juan Casares e o presidente do Consorcio de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asinarán este xoves 30 un convenio polo que a USC recoñecerá como títulos propios os estudos de posgrao do Programa da Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), a través dun Diploma ou Gran Diploma de Especialización Orquestral. A sinatura celebrarase ás 11.00 horas na sede da propia Escola na Finca de Vista Alegre. A este documento que regula a vinculación da EAEM á USC, sumarase un segundo convenio que se asinará no mesmo acto destinado á reserva de prazas de aloxamento para o alumnado da escola de estudos musicais na residencia universitaria Burgo das Nacións.

The contents of this page were updated on 06.29.2011.