Skip to main content

No mes de xullo celebraranse dúas escolas de competición de tenis e natación para o mes de xullo

O Servizo de Deportes organiza durante o mes de xullo dúas escolas de competición en tenis e natación. Ambas se celebrarán entre o 1 e o 29 do vindeiro mes, sendo requisito previo necesario posuír un nivel inicial, polo que as persoas inscritas deberán realizar unha entrevista previa cos adestradores, Roberto Martínez Cacabelos (tenis) e Guillermo Méndez Leis (natación). A de tenis oferta ata catro horarios distintos, todos eles na xornada de mañá, en períodos de 90 minutos entre as 9.00 e as 15.00 horas. Esta escola terá un prezo de 60 euros. Na de natación, as persoas interesadas poderán escoller entre tres opción horarias, con clases igualmente de hora e media distribuídas entre as 9.30 e as 14.30 horas. Neste caso, o prezo da escola é de 30 euros.

The contents of this page were updated on 06.29.2011.