Skip to main content

Os futuros estudantes universitarios poderán descargar a oferta formativa da USC nos seus móbiles

Os futuros estudantes universitarios poderán descargar a información máis relevante da oferta formativa da Universidade de Santiago aos seus teléfonos móbiles, de xeito que terán dispoñible en todo momento da información que precisen sobre oferta de estudos universitarios, condicións de matrícula ou prazos de interese, entre outros aspectos da oferta da USC. Esta é unha nova campaña que o programa A Ponte acaba de poñer en marcha estando accesible ás persoas interesadas na súa páxina web (http://www.usc.es/gl/perfis/futuros/aponte/modules/news/news_0013.html).

Para descargar a aplicación non é preciso dispoñer de acceso a internet bastando con descargar dunha mensaxe GPRS a aplicación que se instalará automaticamente no móbil. Trátase dunha aplicación compatible coa inmensa maioría de terminais de telefonía do mercado, sen que o servizo teña un custe engadido máis alá do que corresponda polo tráfico de datos propio da descarga.

The contents of this page were updated on 06.17.2011.