O profesor da Universidade de Stanford, Paul A. Wender, imparte unha conferencia en Química
O Departamento de Química Orgánica organiza o vindeiro luns 27 unha nova sesión do seu ciclo de cursos, seminarios e conferencias para o presente curso, coa presenza do profesor da Universidade de Stanford, Paul A. Wender.
Nesta ocasión, o profesor Wender pronunciará a conferencia titulada ‘The chemistry-medicine continuum: the role of the ideal synthesis, step economy and function oriented synthesis in first-in-class approaches to aids eradication, alzheimer’s disease and resist cancer’. Será a partir das 11.30 noras na Aula Magna da Facultade de Química.